← Volver atrás

Villar Cimadevila, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado. Morte na cadea

Nacemento:

Vila de Cruces
(Pontevedra)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Forte de San Cristóbal, Pamplona
(Navarra)
- 14/09/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado, 23 anos. Casado. Veciño de Vila de Cruces. Irmán de Enrique Villar Cimadevila, tamén encarcerado e morto na cadea, de Manuel Villar Cimadevila, paseado, e de Plácido Villar Cimadevila, encarcerado. Axente executivo. Cuñado de Manuel Blanco Fernández, procesado con el.

Encarcerado. Sancionado. Morte na cadea.

Prendérono os franquistas baixo a acusación de disparar en Carbia, o día 21/07/1936, contra un coche con falanxistas.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar o día 18/11/1936, na causa 1096/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua e accesoria de inhabilitación absoluta.

Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal o día 15/07/1937. Participou no intento de fuga masiva desta prisión do día 22/05/1938 e capturárono os requetés o día 23.

Morte rexistrada en San Cristóbal ás 01:40 h por mor dun colapso cardíaco por tuberculose pulmonar.

Algunhas fontes manteñen como segundo apelido Cimadevilla.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha