← Volver atrás

Villar Cimadevila, Enrique

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado. Morte na cadea. Desaparecido

Nacemento:

Vila de Cruces
(Pontevedra)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Forte de San Cristóbal, Pamplona
(Navarra)
- 22/05/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, 29 anos. Veciño de Vila de Cruces. Irmán de Luis Villar Cimadevila, tamén encarcerado e morto na cadea, de Manuel Villar Cimadevila, paseado, e de Plácido Villar Cimadevila, encarcerado. Funcionario municipal. Cuñado de Manuel Blanco Fernández, procesado con el.

Militante de Esquerda Republicana (ER).

Encarcerado. Sancionado. Morte na cadea. Desaparecido.

Prendérono os franquistas baixo a acusación de disparar en Carbia, o día 21/07/1936, contra un coche con falanxistas.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar o día 18/11/1936, na causa 1096/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua e accesoria de inhabilitación absoluta.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Trasladado ao penal de San Cristóbal onde ingresa o 15/07/1937; morre no desenvolvemento dos feitos que aconteceron no intento de fuga masiva desta prisión.

O seu cadáver non se recuperou.

Algunhas fontes manteñen que o seu segundo apelido era Cimadevilla.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha