← Volver atrás

Díaz López, Alejandro

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Garda Civil. Veciño de Chantada (Lugo). Tenente da Benemérita destinado en Chantada.

Represor.

O día 10/03/1965 a José-Luis Castro Veiga, o Piloto, seguírono despois dunha denuncia e emboscárono preto do Club Náutico do encoro de Belesar, Chantada e abateuno a Garda Civil de Chantada. Levaba na loita 26 anos aínda que desde xuño de 1949 a súa existencia desenvolveuse como a de "topo". O operativo contra o Piloto iniciouno o brigada da Garda Civil na reserva, Ángel Fernández Blanco, Angelito, destinado ás instalacións de Fenosa con ese único obxectivo de cazalo, que foi quen o localizou e que xa desmantelara o grupo de Luis-María Trigo Chao, o Gardarríos.

Para prendelo, unha vez que o descubriron, enviaron forzas da Garda Civil de Chantada, Escairón, Currelos, Taboada e Monforte de Lemos. Os primeiros en chegar ao encoro de Belesar foron o tenente Alejandro Díaz López, o sarxento Francisco Nodar e os gardas segundos: José Lage Meilán e Gerardo Vilas Sanjurjo; todo o operativo dirixíao o capitán da liña de Monforte de Lemos José López Vide.

Moi ao seu pesar, López Vide chegou ao remate do asasinato e tivo a valentía de arrearlle varias patadas no traseiro ao xa falecido Piloto.

A Castro Veiga asasinárono sobre as 11:30 h do 10 de marzo cando sentara para comer; segundo o informe policial “morreu nun enfrontamento, mentres disparaba para fuxir”. Segundo certas testemuñas non lle deron o alto, como se informa, disparárono e ferírono de morte de catro balazos. Velárono no cuartel da Garda Civil en Chantada.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha