← Volver atrás

Diz Fuentes, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

A Lagoa, Vilaxoán, San Martiño de Fóra de Sobrán, Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 01/01/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Pedro de Cea, Vilagarcía de Arousa
- 29/09/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro e sindicalista, 33 anos. Veciño da Lagoa. Irmán de Rogelio Diz Fuentes, exiliado.

Militante da CNT e dirixente do Sindicato Nacional de Transportes Marítimos (SNTM) de Vilagarcía de Arousa.

Fuxido. Paseado.

Foi un dos organizadores da resistencia en Vilagarcía de Arousa fronte aos militares sublevados e tamén participou na requisa de armas.

Despois do triunfo dos rebeldes foxe ao monte e integrouse nun grupo de fuxidos. Neste grupo estaban, entre outras persoas: Luis Cancelo Galván, carpinteiro; Manuel Diz Fuentes, mariñeiro; Ramón Rodríguez Carregal e Ramiro Araujo Rodríguez. Instaláronse no monte Xiabre nunha cova, que eles mesmos construíron, no lugar de Areal.

En xaneiro de 1938 Manuel deixou o monte e agochouse nun tobo na horta da casa dos seus pais, na Lagoa.

Nunha das batidas e rexistros da Garda Civil e dos falanxistas, a do día 28/09/1938, un grupo que mandaba o sarxento Desiderio Camacho Pinillana e no que se incluían os números José Zúñiga Sánchez e Miguel López Codesal, acompañados polos falanxistas Luis Pintor Filgueira, Antonio Andrés Patiño e Roberto Abal Vázquez, rodearon a casa dos seus pais pola tarde. Detiveron a Manuel cando tentaba fuxir.

Conducírono ao cuartel da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa, onde sofre torturas.

Esa mesma noite ás 02:00 h e co pretexto da localización da cova de Areal, asasinárono no monte Xiabre en aplicación da Lei de Fugas. Cortáronlle os testículos e metéronllos na boca.

O seu cadáver trasladárono ao cemiterio de San Pedro de Cea, Vilagarcía de Arousa. O crego José Gago Tarrío negouse a soterralo en terreo sagrado e fíxose unha sepultura no exterior do campo santo, nas escaleiras de acceso, para que todos pisaran o lugar onde o soterraban.

O Tribunal Militar Territorial de Pontevedra abriu a causa 749/38 pola súa detención e morte.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha