← Volver atrás

Gago Tarrío, José

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Cura. Párroco de San Pedro de Cea, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Falanxista. Pertencía a Falanxe Española (FE) de Vilagarcía de Arousa, onde figuraban tamén outros dous dos seus irmáns.

Represor.

Propagandista da causa de Francisco Franco Bahamonde, insultaba desde o púlpito á veciñanza democrática e empregou o confesionario para sacar información sobre fuxidos e clandestinos, información que logo pasaba ás milicias falanxistas e a Garda Civil.

Dicía o día 01/011937 “hai que acabar con eles, non hai outra solución, vainos niso a salvación de España, da España única e non a dos estatutos”.

Formou parte das escuadras da morte, participando no asasinato de Manuel Díz Fuentes, que apareceu morto e cos testículos na boca e ao que soterraron na entrada da igrexa para que todo o mundo pisara a súa sepultura.

Máis tarde estivo na Bandeira Lexionaria Galega en Euskadi, como capelán castrense, saíndo de Redondela (Pontevedra) o día 16/01/1937. Tamén pasou pola fronte do Ebro.

Segundo algunhas testemuñas participou en algúns asasinatos, entre eles o dun concelleiro de Urnieta; fíxose co bastón de mando do alcalde desta localidade como trofeo.

Volveu a desenvolverse como crego en Vilagarcía de Arousa, onde “morreu en paz”.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha