← Volver atrás

Donega Rozas, Marino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Huelva
- 03/03/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 01/04/2001 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, escritor e político, 20 anos. Aos sete meses de vida chega a Lugo. Estudaba 2º de Dereito en 1936 na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Xa mozo, trasladáronse á Coruña.

Presidente da Federación das Mocidades Galegas na Coruña no ano 1936. Amigo dos galeguistas Ángel Fole Sánchez e Ramón Piñeiro López.

Participou naa campaña polo referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Fuxido.

Cando se produce o golpe militar ten que fuxir da Coruña para Lugo, xa que estaba nas listaxes dos que daban o paseo ás persoas das esquerdas, coa sorte de que tiñan os apelidos trabucados.

Despois incorporouse na Sanidade do exército sublevado para evitar represalias; era máis seguro estar na fronte de guerra.

Foi un dos fundadores da Editorial Galaxia no ano 1950 e o seu presidente entre 1950 e 1996.

Membro numerario da Real Academia Galega (RAG) desde 1973.

Tamén o designaron conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia no ano 1978. Presentouse como independente nas eleccións de 1981 polas listas de Unión del Centro Democrático (UCD).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha