← Volver atrás

Escáneo Franco, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado. Sancionado

Nacemento:

Santa María de Beluso, Bueu
(Pontevedra)
- 25/11/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Marín
(Pontevedra)
- 07/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial e político, 39 anos. Casou en 1924 con Josefa Pérez Santaclara; tiñan tres fillas: María-Luisa, Josefa e Rosario e un fillo en camiño. Veciños de Banda do Río, Bueu (Pontevedra). Emigrado en Cuba a finais dos anos dez; alí era empregado do ferrocarril e perdeu unha perna nun accidente laboral. Volve a Bueu a mediados dos anos vinte e rexentou unha taberna e unha empresa de autobuses e camións, a Empresa Nós.

Concelleiro de Bueu desde do ano 1931 ao ano 1934. Militante do Partido Galeguista (PG) desde a súa fundación, do que foi vogal en 1932, vicepresidente en 1934 e bibliotecario no ano 1935. Nomeárono concelleiro en 1936 pola Fronte Popular (FP) pero renunciou ao cargo.

Encarcerado. Paseado. Sancionado.

Desde o comezo da guerra civil e ata a súa morte embargáronlle todos os autobuses e camións que pertencían á súa empresa; só lles quedou a taberna.

Ao remate os franquistas detivérono en Bueu o día 07/12/1936 e ingresárono no depósito municipal de Bueu.

Paseárono na mesma noite da súa detención nas inmediacións do cemiterio de Marín.

Rexistráronse varias mortes nas inmediacións do Cemiterio Municipal e no matadoiro de Marín a causa de disparo de arma de fogo.

Nesa noite de decembro pasearon a: Julio Castro Martínez, albanel; Francisco Escáneo Franco, industrial; Francisco García Villanueva, Xerello, albanel; Jacinto-Manuel Lamosa Novas, serrador, e José Seijas Camiña.

Estes cinco asasinatos xustificáronos os represores do escuadrón da morte de Collazo como un intento de fuxida ao que, “loxicamente”, se lles aplicou a Lei de Fugas.

Soterrárono no cemiterio de Marín nun primeiro momento como descoñecido; identificárono o 20/03/1981.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha