Nacemento:
Morte:
Albanel e político, 24 anos. Veciño do Valado, San Martiño de Fóra, Bueu.
Concelleiro de Bueu en 1936. Dirixente das Xuventudes Socialistas (XXSS).
Paseado.
Cando se produce o movemento militar sedicioso participou na expedición que tentou acudir na defensa de Pontevedra fronte aos rebeldes.
Prendérono o día 31 de xullo de 1936 por insultar aos traballadores da fábrica Massó.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 18/09/1936 por coaccións, na causa 768/36, co resultado de sentenza de absolución.
Tentaron pasealo pero logrou fuxir con vida.
Prendérono e na madrugada do día 07/12/1936 sacárono da cadea para pasealo.
Morte rexistrada nun suposto traslado de cadea a causa de disparo de arma de fogo.
Nesa noite de decembro pasearon a: Julio Castro Martínez, albanel; Francisco Escáneo Franco, industrial; Francisco García Villanueva, Xerello, albanel; Jacinto-Manuel Lamosa Novas, serrador, e José Seijas Camiña.
Estas cinco mortes xustificáronas os represores do escuadrón da morte de Collazo como un intento de fuga, ao que, “loxicamente”, se lle aplicou a Lei de Fugas.
O seu cadáver e o de José Seijas apareceron preto do matadoiro de Marín.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.