← Volver atrás

Lamosa Novas, Jacinto-Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado

Nacemento:

Santa María de Beluso, Bueu
(Pontevedra)
- 18/09/1884 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Marín
(Pontevedra)
- 07/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Serrador, sindicalista e político, 51 anos. Casado. Veciños de Beluso.

Fundador da Sociedade El Progreso e presidente da Sociedade de Canteiros e Oficios Varios de Bueu.

Encarcerado. Paseado.

Despois do alzamento prendérono os franquistas.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Na madrugada do 7 de decembro os facciosos pasearon a: Julio Castro Martínez, albanel; Francisco Escáneo Franco, industrial; Francisco García Villanueva, Xerello, albanel; Jacinto-Manuel Lamosa Novas, serrador, e José Seijas Camiña.

Estas cinco mortes xustificáronas os represores do escuadrón da morte de Collazo como un intento de fuxida, ao que “loxicamente” se lle aplicou a Lei de Fugas.

Morte rexistrada en Marín a causa de disparo de arma de fogo.

O seu cadáver apareceu preto do Cemiterio Municipal de Marín, inscrito como descoñecido e identificado o día 27/11/1981.

Os fascistas abríronlle tamén expediente de responsabilidades políticas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha