Nacemento:
Morte:
Militar, 56 anos. Ingresou na Academia de Cabalería de Valladolid en 1896. Veterano da Guerra de Marrocos, onde coñeceu a Francisco Franco Bahamonde, Emilio Mola Vidal e José Sanjurjo Sacanell, entre outros militares. Xeneral de brigada no ano 1932. Ente 1933 e 1936 foi comandante da Base Naval de Mahón (Menorca). En xullo de 1936 estaba ao mando da 2ª Brigada de Cabalería en Barcelona.
Golpista. Axustizado.
Tomou parte activa na sublevación militar, liderou as tropas de Barcelona ata a chegada de Manuel Goded Llopis desde Mallorca e baixo cuxas ordes debería poñerse. Goded chegou o día 19 pero, diante da negativa do xeneral José Aranguren Roldán a sumar á Garda Civil á rebelión, o golpe caeu derrotado en Barcelona ás poucas horas.
A Goded e a Burriel arrestáronos os republicanos na tarde do mesmo día 19/07/1936 e leváronos ao buque prisión Uruguai.
Logo dun consello de guerra, que tivo lugar no mesmo barco, condenáronos á pena de morte e fusiláronos no Castelo de Montjuic, Barcelona, o día 12 de agosto.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.