← Volver atrás

Fernández Castro, Emilio

Alcume: o Campante, Carpanta
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Cabanas
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego e albanel. Casado.

Fuxido. Encarcerado. Exiliado.

Unha noite os falanxistas levárono da súa casa para pasealo. Ao chegar ao cemiterio de Grandal (Vilarmaior), Emilio botou a correr e fuxiu ao monte, onde permaneceu un tempo burlando aos que o perseguían. Ao seu compañeiro de paseo, Francisco Rodríguez Rodríguez, matárono alí mesmo.

Emilio entregouse máis tarde ás novas autoridades e, para librarse do cárcere, alistouse na Lexión en xaneiro de 1937, licenciándose en agosto de 1939.

Os fascistas xulgaron en consello de guerra na Coruña, na causa 228/41, a: José Calvo Pico, o Calvito; Emilio Fernández Castro, o Campante, e José-María Meizoso Calvo, acusados de auxilio á rebelión, por facilitarlles armas aos fuxidos Manuel Piñeiro Antón, Manuel Eive Vilar, Manuel Vilar Pazos e Antonio Vilar Pereira. Calvo Pico vendera unha pistola a Meizoso Calvo, que este revendeu a Manuel Piñeiro Antón. Condenárono a 12 anos e un día de prisión.

Ingresado na Prisión Provincial da Coruña.

Trasladado en setembro de 1943 á Prisión Central de Burgos.

Tamén permaneceu un tempo no Destacamento Penal de Rexións Devastadas de Toledo.

Puxérono en liberdade a comezos de 1944.

Anos máis tarde emigrou a Brasil.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha