Nacemento:
Morte:
Practicante, 41 anos. Veciño de Rodeiro. Durante a II República designárono practicante municipal de Rodeiro.
Vencellado á Sociedade de Labregos de Santa Mariña de Pescoso, Rodeiro desde a súa creación no ano 1920 e na que exercería de vicepresidente entre 1931 e 1933.
Encarcerado. Paseado.
Despois do golpe rebelde o día 03/09/1936 arrestouno a Garda Civil e a Garda Cívica de Rodeiro, baixo a acusación de tenencia de armas e “propaganda comunista”. Trasladárono a Pontevedra.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 06/10/1936, polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza de absolución.
O día 11/10/1936 o xulgado decreta a súa posta en liberdade; xa era tarde.
Na noite do 8 de outubro de 1936 a Garda Civil preséntase na cadea de Lalín (Pontevedra) para recoller a Manuel Guillán Abalo e a Jesús Froiz Gómez, co pretexto de trasladalos á cadea de Caldas de Reis (Pontevedra). Os mesmos gardas pasan logo a Silleda (Pontevedra) e recollen a Ramón Muíños Lorenzo. Con estes presos diríxense á Estrada.
Esa mesma noite do 8 de outubro, outro grupo da Garda Civil saca da Prisión Provincial de Pontevedra, coa desculpa de levalos á prisión da Estrada, a Severino García Teijeiro, a José-Domingo González Boullosa e a Juan Bacariza Sánchez.
As dúas expedicións xúntanse na Ponte do Regueiro, preto da Estrada, onde asasinaron os seis conducidos, entre as 04:00 e as 05:00 h do día 09/10/1936. Os gardas que fixeron os disparos serían o corneta Casimiro Álvarez Rincón e o garda segundo Agustín López Ferreiro. O chofer do coche de Pontevedra era o garda Alejandro Pérez González. Non sorprende que a xustificación dos axustizamentos sexa a aplicación da Lei de Fugas. Os corpos soterráronos no cemiterio da Estrada.
Morte rexistrada na Ponte do Regueiro.
Neste mesmo lugar e data asasinaron a: Juan Bacariza Sánchez; Jesús Froiz Gómez, xornalista; Severino García Teijeiro, practicante; José-Domingo González Boullosa, tapiceiro; Manuel Guillán Abalo, mestre, e Ramón Muíños Lorenzo, obreiro.
O Tribunal Militar Territorial de Pontevedra abriu a causa 922/36 por mor destas mortes.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.