Nacemento:
Morte:
Obreiro, 34 anos. Casado; tiñan tres fillas e un fillo. Veciños de Silleda. Obreiro do ferrocarril. Irmán de Luis Muiños Lorenzo, tamén paseado.
Militante destacado do PCE. Presidente no ano 1936 da Sociedade Obreira de San Miguel de Ponte, Silleda. Concelleiro interino de Silleda en marzo de 1936.
Paseado.
No momento do golpe de Estado era vogal do Comité de Defensa da República da Fronte Popular (FP).
Na noite do 8 de outubro de 1936 a Garda Civil preséntase na cadea de Lalín (Pontevedra) para recoller a Manuel Guillán Abalo e a Jesús Froiz Gómez co pretexto de trasladalos á cadea de Caldas de Reis (Pontevedra). Os mesmos gardas pasan logo a Silleda e recollen a Ramón Muíños Lorenzo. Con estes presos diríxense á Estrada.
Esa mesma noite do 8 de outubro, outro grupo da Garda Civil saca da Prisión Provincial de Pontevedra, coa desculpa de levalos á prisión da Estrada, a Severino García Teijeiro, a José-Domingo González Boullosa e a Juan Bacariza Sánchez.
As dúas expedicións xúntanse na Ponte do Regueiro, á entrada da Estrada, e asasinaron aos seis conducidos, entre as 04:00 e as 05:00 h do día 09/10/1936. Os gardas que fixeron os disparos serían o corneta Casimiro Álvarez Rincón e o garda segundo Agustín López Ferreiro. O chofer do coche de Pontevedra era o garda Alejandro Pérez González. Non sorprende que a xustificación dos axustizamentos sexa a aplicación da Lei de Fugas. Os corpos soterráronos no cemiterio da Estrada.
Morte rexistrada na Ponte do Regueiro.
Neste mesmo lugar e data asasinaron a: Juan Bacariza Sánchez; Jesús Froiz Gómez, xornalista; Severino García Teijeiro, practicante; José-Domingo González Boullosa, tapiceiro; Manuel Guillán Abalo, mestre, e Ramón Muíños Lorenzo, obreiro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.