Nacemento:
Morte:
Zapateiro e político, 49 anos. Casado coa labrega Vicenta Cudeiro Caseiro; tiveron tres fillas e dous fillos: Josefina, Ángel, Julio, Luisa e Maruja. Veciños da rúa Raíña Victoria, 31, en Ourense. A súa filla Josefa González Cudeiro tamén pasou pola cadea.
Executado.
Despois do golpe militar Enrique Nanín Ansias agachouse na casa dos irmáns Ángel González Cudeiro e Julio González Cudeiro. Delatados por un veciño, detivéronos aos tres o día 26/03/1937; tamén detiveron ao pai destes irmáns, Ramón González Calviño.
Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de auxilio á rebelión, na causa 612/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
O tribunal condenou á pena de morte a Ramón González Calviño; pena de prisión para Vicenta Cudeiro Caseiro; autos de absolución para: Ángel González Cudeiro, Josefina González Cudeiro e Julio González Cudeiro; sobresemento do proceso para Antonio Nanín Ansias. Tamén enxuizaron neste procedemento a Enrique Nanín Ansias.
Fusilado no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.