← Volver atrás

González Cudeiro, Julio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Ourense
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Zapateiro, 22 anos. Veciño da rúa Raíña Vitoria, 31, en Ourense. Fillo de Ramón González Calviño, encarcerado e fusilado, e de Vicenta Cudeiro Caseiro, encarcerada. Irmán de Ángel González Cudeiro, encarcerado; de Josefa González Cudeiro, encarcerada e exiliada; de Luisa González Cudeiro, encarcerada, de Maruja González Cudeiro, encarcerada e exiliada e de Ramón González Cudeiro, encarcerado.

Fuxido. Encarcerado.

Despois do golpe militar Enrique Nanín Ansias escondeuse na casa dos irmáns Ángel González Cudeiro e Julio González Cudeiro. Delatados por un veciño, prendéronos aos tres o día 26/03/1937; tamén detiveron ao pai destes irmáns, Ramón González Calviño.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 612/37, co resultado de sentenza de absolución.

O tribunal condenou á pena de morte a Ramón González Calviño; pena de prisión para Vicenta Cudeiro Caseiro; autos de absolución para: Ángel González Cudeiro, Josefa González Cudeiro e Julio González Cudeiro; sobresemento do proceso para Antonio Nanín Ansias. Tamén enxuizaron neste procedemento a Enrique Nanín Ansias.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha