← Volver atrás

González Cudeiro, Luisa

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Ourense
- 01/01/1924 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 12 anos. Veciña da rúa Raíña Vitoria, 31, en Ourense. Filla de Ramón González Calviño, encarcerado e fusilado, e de Vicenta Cudeiro Caseiro, encarcerada. Irmán de Julio González Cudeiro, encarcerado; de Ángel González Cudeiro, encarcerado; de Josefa González Cudeiro, encarcerada e de Maruja González Cudeiro, encarcerada e exiliada.

Militante do PCE.

Encarcerada.

Cando a guerra comezou para ela e a súa familia a persecución, os rexistros e o cárcere.

A súa familia sufriu unha brutal represión por dar acubillo aos fuxidos. Na súa casa de Ourense acollía a resistentes ao Réxime. Aos seus irmáns Ángel e Julio procesáronos e absolvéronos en 1937. O 27 de marzo de 1937 os militares asaltaron a súa casa e incendiárona; vivían nun terceiro piso dunha casa de catro plantas no casco urbano de Ourense. A Luisa e aos seus irmáns encarceráronos; ao seu pai fusilárono en Ourense, o día 01/04/1937, por ter agochados na súa casa os dous fillos e un veciño para que non acudiran ao servizo militar.

Nos anos da guerra, entre 1937 e 1938, internárona en varios cárceres coa súa irmá Josefa González Cudeiro. Na cadea de Bande (Ourense) todo era humidade; inicialmente durmían no chan e sen roupa para abrigarse; todas apiñadas nunha sala. Había un corredor para camiñar, pero sempre as tiñan encerradas. As presas guerrilleiras non podían recibir axuda externa porque as súas familias mantíñanas represaliadas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha