← Volver atrás

González Cudeiro, Maruja

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada. Exiliada

Nacemento:

Ourense

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Veciña da rúa Raíña Vitoria, 31, en Ourense. Filla de Ramón González Calviño, encarcerado e fusilado, e de Vicenta Cudeiro Caseiro, encarcerada. Irmá de Julio González Cudeiro, encarcerado; de Ángel González Cudeiro, encarcerado; de Luisa González Cudeiro, encarcerada; de Josefa González Cudeiro, encarcerada e exiliada, e de Ramón González Cudeiro, encarcerado. Era a pequena dos irmáns.

Militante do PCE.

Encarcerada. Exiliada.

Cando a guerra comezou para ela e a súa familia a persecución, os rexistros e o cárcere.

Facía traballos de propaganda na posguerra: recollían Mundo Obrero e copias de panfletos que logo entregaban a outras persoas. A súa familia sufriu unha brutal represión por dar acubillo aos fuxidos. Na súa casa de Ourense acollían a resistentes ao Réxime. Aos seus irmáns Ángel e Julio procesáronos e absolvéronos en 1937. O 27 de marzo de 1937 os militares asaltaron a súa casa e incendiárona; vivían nun terceiro piso dunha casa de catro plantas no casco urbano de Ourense. A Maruja e aos seus irmáns encarceráronos; ao seu pai fusilárono en Ourense o día 01/04/1937 por ter agochados na súa casa os dous fillos e un veciño para que non acudiran ao servizo militar.

Presa no cárcere da Coruña 15 meses.

Posteriormente marchou para Caracas (Venezuela).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha