Nacemento:
Morte:
Médico odontólogo, 57 anos. Casou con Ana Kuperstein; tiveron un fillo, Alejandro Kúper Kuperstein, nado en 1911. Veciños de Vigo (Pontevedra). Tiña dúas irmás: Sofía Kúper Hornstein, casada con Abraham Zbarsky Geller, e Elisa Kúper Hornstein; todos eran odontólogos.
Xudeoruso, participou na Revolución rusa de 1905, encarerado e fuxido, instaláronse en Lodz (Polonia) e Suiza. De 1905 a 1907 traballou de odontólogo en Ourense e, en 1907, instaláronse en Vigo.
Encarcerado.
Prendérono os franquistas en xullo de 1936 e encarcerárono máis de dous anos.
Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar (excitación á rebelión), na causa 593/36, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio.
En agosto de 1938 canxeárono pola mediación da Cruz Roja por familiares dos militares rebeldes (semella que de José Sanjurjo Sacanell); canxeado coas súas irmás Elisa e Sofía e o seu sobriño Elías Zbarsky Kúper. Expulsáronos de España pola fronteira de Irún (Guipúscoa).
Pasaron á zona republicana de Cataluña vía Francia e, no ano 1939, macharon a Moscova.
En marzo de 1939 os franquistas incautáronlle os bens para facer fronte a multa que lle impuseran.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.