← Volver atrás

Lamas Cid, Aníbal

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Xunqueira de Ambía
(Ourense)
- 01/01/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 05/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, comerciante e político, 43 anos. Veciño de Xunqueira de Ambía. Emigrado en Bos Aires (República Arxentina), regresou a Galicia no ano 1929. Secretario do concello.

Alcalde de Xunqueira de Ambía en 1931 polo Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) e suspendido do cargo en novembro de 1931 polo gobernador civil. Despois integrouse en Unión Republicana (UR) e compromisario para a elección do presidente da República Manuel Azaña Díaz. Dirixente da Fronte Popular (FP) e presidente dunha sociedade agraria.

Executado.

Estivo no goberno civil de Ourense no momento do golpe militar ás ordes do gobernador civil Gonzalo Martín March e formou parte do Comité de Defensa da República.

Prendérono os franquistas o día 23/07/1936 e liberárono a mediados de agosto.

Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 24/10/1936 polo delito de traizón, na causa 598/6/36 e na causa 817/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado ás 17:00 h no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense, con Leopoldo Fernández Núñez, acusado de rebelión, e Secundino Alfonso Fernández, acusado de posesión de armas e explosivos.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e condenado á perda de todos os seus bens en abril de 1941. Indultárono no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha