Nacemento:
Morte:
Militar, 57 anos. Casado. Ingresou na Academia Militar de Toledo aos 14 anos. Veterano da Guerra de Marrocos.
Cando se proclama a II República colocouse como un dos seus defensores. En 1931 ascendeu a xeneral de brigada e os líderes republicanos tiñan plena confianza en el. Cando a Fronte Popular gaña as eleccións de febreiro de 1936 designárono comandante da IV División Orgánica en Barcelona, aínda que como xeneral de brigada non lle corresponde o posto.
Membro da masonería.
Exiliado.
Dada a súa lealdade á República a conspiración dos sublevados fíxose ás súas costas. Identificábase con Unión Republicana (UR) e dicía que si as circunstancias o obrigaban, escollía antes o comunismo que o fascismo.
No momento do golpe de Estado aseguroulle ao presidente da Generalitat de Cataluña que non habería ningún problema coas tropas. Os oficiais implicados na rebelión tomaron algunhas posicións na cidade e Llano mostrou algunha indecisión.
O xefe designado polos sublevados para tomar o control de Barcelona era Manuel Goded Llopis, na substitución da que de xeito provisorio tomaría o xeneral Álvaro Fernández Burriel, que estaba ao mando da 2ª Brigada de Cabalería da IV División Orgánica en Barcelona. Despois de facerse co control de Mallorca e Eivisa, Goded marchou a Barcelona, onde destituíu e detivo ao xeneral Francisco Llano, pero fracasou no intento de controlar a cidade e tivo que renderse cando o xeneral José Aranguren Roldán lle negara o apoio da Garda Civil e se viu acosado por tropas leais apoiadas por traballadores que lideraban os anarquistas.
A Llano de la Encomienda afastárono do mando militar, xa que a súa indecisión levantou sospeitas nas autoridades republicanas.
En 1937 nomeárono xefe do Exército do Norte (Oviedo, Santander, Biscaia) pero tivo moitos enfrontamentos co lendakari vasco. O propio Francisco Largo Caballero recoñecía máis ao Exército Vasco que o Exército do Norte; estas diferenzas tiveron como consecuencia a enorme desorganización na zona. O lendakari Aguirre acusouno de non ser quen de mandar un exército. Substituírono a finais de maio polo xeneral Mariano Gamir Ulibarri (Madrid); aínda así Bilbao caeu o día 19/06/1937.
Llano permaneceu en Xixón (Principado de Asturias) ata o último momento, cando a caída asturiana o obrigou a pasar a Francia por mar.
Regresou a Barcelona e xulgárono polas súas actividades na Fronte Norte co resultado de sentenza de absolución.
Despois da caída de Cataluña volvería á zona central.
En marzo de 1939, diante do final da guerra, marchou ao exilio en Francia e, posteriormente, a México.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.