← Volver atrás

Losada Filgueira, Joaquín

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

O Carballiño
(Ourense)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Os Codos de Larouco, Larouco
(Ourense)
- 02/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario e político, 37 anos. Veciño do Carballiño. Oficial do Concello do Carballiño. Era sobriño de Antón Losada Diéguez (+1929).

Dirixente da Sociedade Cultural Deportiva do Carballiño. Dirixente da Casa do Pobo. Apoderado de Esquerda Republicana (ER) nas eleccións de febreiro de 1936.

Colaborador da revista Nós.

Paseado.

No momento do golpe de Estado nomeárono delegado do gobernador civil Gonzalo Martín March en Ribadavia.

Prendérono os franquistas a finais de xullo de 1936, ingresárono na cadea do Carballiño e o 2 de agosto trasladábano a Ourense con Aquilino Sánchez Rodríguez, quen tamén finaría paseado.

Un grupo de falanxistas conducírono despois cara Viana do Bolo (Ourense) con Francisco Paradela Núñez, ao que incorporaran á expedición na cadea de Ourense, e asasináronos preto dos Codos de Larouco.

Morte rexistrada na Pobra de Trives.

Segundo algunhas fontes puido morrer unha semana despois da data que se sinala máis arriba.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha