Nacemento:
Morte:
Perito agrícola e político, 62 anos. Veciño do Carballiño. Traballou dde perito en Maside (Ourense) e foi propagandista agrario.
No ano 1921 fundou e dirixiu o xornal La Torre de Maside.
Dirixente da Sociedade Labrega da súa localidade.
Na II República militou no Partido Radical (PR) e despois en Esquerda Republicana (ER). Último alcalde republicano do Carballiño, nomeado o 19/04/1936, na substitución de Felisindo Álvarez Xesteira, ao que designaran presidente da Deputación Provincial de Ourense.
Procesado. Paseado.
Prendérono os fascistas o día 22/07/1936 e o 2 de agosto seguinte trasladárono a Ourense con Joaquín Losada Filgueira, paseado nos Codos de Larouco.
Levárono os falanxistas á cadea de Viana do Bolo (Ourense).
Xulgado en consello de guerra en Ourense nun proceso iniciado o día 15/09/1936 polo delito de adhesión á rebelión, na causa 781/36, co resultado de sentenza de absolución.
Pouco despois finaría asasinado polos falanxistas en Vilariño Frío na N-120 (hoxe OU-536).
Nesa data e lugar pasearon a: Fructuoso Manrique Martín, carabineiro; Eligio Núñez Muñoz, mestre; Aquilino Sánchez Rodríguez, alcalde do Carballiño, e Jacinto-Eloy Santiago García, mestre e xornalista.
Morte rexistrada en Arca Aberta por mor dun tiro na caluga.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.