← Volver atrás

Manrique Martín, Fructuoso

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Fuente Pelayo
(Segovia)
- 01/01/1872 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Arca Aberta, Santa María de Vilariño Frío, Montederramo
(Ourense)
- 01/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carabineiro e político, 64 anos. Casado con Josefa García Barros. Veciños de Ourense. Estudou a carreira militar. O seu primeiro destino no Corpo de Carabineiros sería en Santa María Madanela de Cádavos, A Mezquita (Ourense), onde atendía a Aduana na fronteira con Portugal; alí coñeceu e casou coa súa dona Josefa. Máis tarde trasladárono a Jaca (Huesca) e logo foi comandante en Ferrol (A Coruña).

O día 28/02/1929 destinárono como tenente coronel a Alxeciras (Cádiz) e o día 28/11/1929 a Xirona. No ano 1931 nomeárono xefe do Corpo de Carabineiros da provincia de Pontevedra, xa a piques de xubilarse; acadando a xubilación na aplicación da Lei Azaña co grao de coronel.

Fructuoso e a súa dona pasaron a vivir a Ourense, co seu cuñado solteiro Marcial García Barros, tenente de Seguridade, fusilado. Tamén viviu con eles o seu sobriño Sergio García Ferrera, estudante e fillo do seu cuñado Antonio-Bernardo García Barros.

Durante a II República presidiu Esquerda Republicana (ER) en Ourense. Despois do triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936 designárono gobernador civil interino de Ourense, onde tivo como asesor a Eduardo París Villar e elixírono compromisario para a elección do presidente da República en abril de 1936, Manuel Azaña Díaz.

Paseado.

Despois do golpe dos militares sublevados o día 25/07/1936 detiveron a Fructuoso e aos seus cuñados Marcial e Antonio-Bernardo.

Pasou tres meses interno na Prisión Central de Celanova (Ourense) e, coa escusa dun traslado á cadea do Barco de Valdeorras (Ourense), asasinárono os fascistas o día 1 de novembro na zona chamada Arca Aberta.

Nesa data e lugar pasearon a: Fructuoso Manrique Martín, carabineiro; Eligio Núñez Muñoz, mestre; Aquilino Sánchez Rodríguez, alcalde do Carballiño, e Jacinto-Eloy Santiago García, mestre e xornalista.

Os executores, non contentos co seu asasinato, tamén queimaron a súa casa de Cádavos.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1958.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.