← Volver atrás

Santiago García, Jacinto-Eloy

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Santa Baia de Arzádegos, Vilardevós
(Ourense)
- 11/06/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Arca Aberta, Santa María de Vilariño Frío, Montederramo
(Ourense)
- 01/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, xornalista e político, 42 anos. Casou con Amparo García no ano 1932 en San Pedro de Sanín, Ribadavia (Ourense). Veciños de Ourense. Irmán de Silvio Santiago García, escritor exiliado. Profesor de Ciencias na Escola Normal de Ourense e na Escola de Artes e Oficios no ano 1925.

Publicou artigos nos semanarios La República, El Pueblo Gallego e La Zarpa. Director de La República no ano 1930.

Fundador e militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), presidiu a súa executiva en Ourense en xaneiro de 1933. Sería un dos fundadores da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense (ATEO).

Paseado.

Despois do golpe de Estado prendérono en Ourense o día 07/08/1936 e ingresárono na Prisión Central de Celanova (Ourense).

Sacárono da cadea os fascistas, paseárono e déronlle morte en Arca Aberta, na N-120 (hoxe OU-536).

Nesa data e lugar pasearon a: Fructuoso Manrique Martín, carabineiro; Eligio Núñez Muñoz, mestre; Aquilino Sánchez Rodríguez, alcalde do Carballiño, e Jacinto-Eloy Santiago García, mestre e xornalista.

Algunhas fontes manteñen que puido ser vítima dun infarto antes de que o fusilaran.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha