← Volver atrás

Mangada Rosenörn, Julio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 no Principado de Asturias e un ano despois pasa á reserva

Nacemento:

Sancti Spíritus
(Cuba)
- 30/06/1877 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
(México)
- 14/04/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 59 anos. Casado con Josefa Sanz; tiveron un fillo: Luis, e dúas fillas que morreron novas. No ano 1896 ingresa na Academia de Infantería de Toledo. Ascendérono a tenente coronel en 1929.

Masón desde 1906 na loxa Progreso, de Madrid.

Militar de ideas progresistas e ben relacionado coa UXT e o PSOE. Arrestárono varias veces na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja.

Mandaba a gornición de Jaca cando se produce a sublevación republicana de 1930, sendo absolto por atoparse en Madrid neses datas pola morte dunha das fillas.

En 1932, na II República, foi un dos protagonistas do coñecido como “incidente de Carabanchel”, que lle deu moita popularidade; arrestaríano por orde de Manuel Goded Llopis, ao que lle recriminara non dar o “Viva á República”.

Encarcerado pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 no Principado de Asturias e un ano despois pasa á reserva.

Afiliado a Esquerda Republicana (ER) e membro da Unión Militar Republicana Antifascista (UMRA). Sempre alertou das conspiracións militares en contra do goberno republicano.

Exiliado.

Ao comezo da guerra civil comandou, como tenente coronel, a columna de tropas coñecida como Columna Mangada, na fronte do Guadarrama. As súas tropas derrotaron ás forzas fascistas que comandaba Lisardo Doval Barro. Por esta acción promovérono a coronel. Coñecido como “el general del pueblo”.

Despois sofre varias derrotas fronte as tropas africanas en Talavera de la Reina (Toledo), destituírono do mando directo de tropas e nomeárono gobernador militar de Albacete, sede das Brigadas Internacionais.

Ao remate da contenda española embarcou en Alacante o día 28/03/1939, coa muller e o fillo, no vapor inglés Stanbrook e desembarcaron en Orán (Alxeria), onde o internaron nun campo de concentración. Logo pasaron a Casabranca (Marrocos).

Exiliouse coa súa familia na República Arxentina, a onde chegou no Serva Pinto.

Desde 1941 viviu en México, onde morreu.

Procesárono os franquistas por responsabilidades políticas e por masón.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.