Nacemento:
Morte:
Militar, 48 anos. Compañeiro de Francisco Franco Bahamonde na Academia de Infantería de Toledo. Duro represor en todas as folgas que se produciron no Principado de Asturias cando era xefe da guarnición da Garda Civil en Xixón (Principado de Asturias), coa grao de capitán. Dirixiu, en Xixón, a represión da folga do 15/12/1930, con cargas de cabalería contra os folguistas e malleiras para que denunciaran aos líderes.
Participou no fracasado golpe de Estado de José Sanjurjo Sacanell de agosto de 1932. Suspendérono de emprego e despois indultouno o día 24/12/1934 o Goberno de Alejandro Lerroux García. José-María Gil-Robles Quiñones nomeouno adestrador das Xuventudes de Acción Popular (XAP). O día 19/09/1934 destinárono a Tetuán (Marrocos).
Despois do remate da revolución asturiana de outubro de 1934 nomeárono, o día 01/11/1934, delegado especial de Orde Pública do Principado de Asturias e de León. Comezou a represión dos folguistas con torturas sádicas: presións sobre os xenitais ou cravar alfinetes e achas baixo as unllas. Logo das protestas por estes feitos, o día 08/12/1934, devolvérono a Tetuán e, en abril de 1935, era xefe de seguridade do Protectorado Español de Marrocos.
Golpista.
Cando se produce o golpe dos rebeldes dirixiu unha columna desde Salamanca cara Ávila, pero derrotárono as forzas leais procedentes de Madrid, mandadas polo tenente coronel Julio Mangada Rosenörn. Despois desta derrota volveu a Salamanca, acompañado de forzas falanxistas, onde executaron a moitas persoas das esquerdas encarceradas, entre elas ao alcalde da cidade Casto Prieto Carrasco.
O día 14/05/1937 designárono xefe de seguridade do Cuartel Xeral do Xeneralísimo. Despois do remate da guerra presidiu varios consellos de guerra.
No ano 1953 retírase como xeneral da Garda Civil.
Morre o 15 de outubro de 1975, uns días antes que Franco, no Hospital Gómez Ulla en Madrid.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.