Nacemento:
Morte:
Corseteira, 36 anos. Solteira. Veciña da rúa Benito Corbal, en Pontevedra. Modista corseteira. Irmá de Arturo Martínez Fernández, María Martínez Fernández, Nieves Martínez Fernández e Aurora Martínez Fernández e tía de Peregrina Martínez Santos (filla do seu irmán Arturo); a todas estas persoas encarceráronas e sancionáronas.
Despois a folga xeral revoluciona de outubro de 1934 as irmás Martínez Fernández foron un forte apoio das persoas ás que prenderan por estes feitos.
Intermediaria do Socorro Rojo Internacional (SRI).
Encarcerada. Sancionada.
O día 26/07/1936 detivérona coas súas irmás e acusáronas de levar roupa, comida, tabaco e correspondencia ás persoas detidas na Escola Normal de Pontevedra polos feitos que seguiron á revolta dos militares sublevados.
Xulgada en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza de sobresemento provisorio.
Agás a súa irmá Nieves, o resto das irmás permaneceron na cadea desde o 26/07/1936 ata o día 25/10/1937 sen ser procesadas. Para acadar a liberdade tiveron que facer fronte ao pago dunha multa de 1000 pesetas cada unha delas.
Sempre serían tachadas de “rojas”.
No mes de marzo de 1938 ás irmás María, Aurora e Nicereta, á súa sobriña Peregrina e a María Fandiño Estévez, procesáronas, na causa 379/38 acusadas de agochar armas (que non se atoparon) para a resistencia antifranquista, co resultado de sentenza de sobresemento no mes de xullo de 1938.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.