← Volver atrás

Martínez Santos, Peregrina

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurada. Encarcerada. Sancionada

Nacemento:

Pontevedra
- 17/09/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestra e política, 21 anos. Veciña da rúa Benito Corbal, en Pontevedra. Filla de Arturo Martínez Fernández e sobriña de María Martínez Fernández, Nieves Martínez Fernández e Nicereta Martínez Fernández, as Corseteiras; a todas estas persoas encarceráronas e sancionáronas os fascistas.

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, que rematou no ano 1932. Era mestra nacional de Rouxique, San Pedro de Vilalonga, Sanxenxo (Pontevedra).

Militante das Xuventudes Socialistas Mixtas de Pontevedra.

Depurada. Encarcerada. Sancionada.

Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Detivérona os rebeldes o día 27/10/1936.

Xulgada en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza de sobresemento provisorio e castigárona cunha multa de 1000 pesetas.

Puxérona en liberdade o día 25/10/1937.

No mes de marzo do ano 1938 procesárona coas súas tías María, Aurora e Nicereta, e María Fandiño Estévez, na causa 379/38. Acusáronas de agochar armas (que non se atoparon) para a resistencia antifranquista co resultado de sentenza de sobresemento, que se ditou no mes de xullo de 1938.

No ano 1941 abríronlle un expediente por responsabilidades políticas, proceso que rematou sobresido no ano 1943.

Separada definitivamente do servizo por mor dos informes do cura de San Pedro de Vilalonga.

Despois de moito loitar consegue o reingreso no maxisterio o día 28/04/1958, aínda que tivo que cumprir a sanción de traslado fóra da provincia de Pontevedra durante cinco anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha