Nacemento:
Morte:
Labrego, 37 anos. Casado. Veciño de Santalla de Cervo, Cedeira.
Encarcerado.
Tentou fuxir o día 12/08/1937 desde o porto de Cedeira, con outra ducia de persoas, na lancha motora Generosita.
Nesta fuga frustrada estaban implicados, entre outras persoas: Andrés Martínez Rodríguez, Andrés Pardo Villar, Vicente Pérez Pardo, Vicente Ramos Fernández, Antonio Riola Piñón, José Rodríguez Caneiro e Ricardo Villar Piñón.
Causa instruída en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar (desaparición da lancha motora Generosita e suposta sublevación) co resultado de sentenza a 20 anos de prisión. Todos os procesados neste proceso eran de Cervo.
Neste proceso condenaron a cadea perpetua a Vicente Pérez Pardo. Pena de 20 anos de cadea para os labregos: Andrés Martínez Rodríguez, Antonio Riola Piñón e Ricardo Villar Piñón. Sufriron pena de 12 anos e un día: Andrés Pardo Villar, labrego; Vicente Ramos Fernández e José Rodríguez Caneiro, labrego.
Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 20/11/1938 e trasladado á Prisión Central de Orduña (Biscaia) o 26/10/1939; interno nesta última cadea publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 333 do día 28/11/1940.
Licenciado de xeito definitivo e liberado en xaneiro de 1944.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.