← Volver atrás

Pérez Pardo, Vicente

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Cedeira
(A Coruña)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 27 anos. Solteiro. Veciño de Santalla de Cervo, Cedeira.

Encarcerado.

Tentou fuxir o día 12/08/1937 desde o porto de Cedeira, con outra ducia de persoas, na lancha motora Generosita.

Nesta fuga frustrada estaban implicados, entre outras persoas: Andrés Martínez Rodríguez, Andrés Pardo Villar, Vicente Pérez Pardo, Vicente Ramos Fernández, Antonio Riola Piñón, José Rodríguez Caneiro e Ricardo Villar Piñón.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar (desaparición da lancha a motor Generosita e suposta sublevación) co resultado de sentenza a cadea perpetua. Todos os procesados eran de Santalla de Cervo.

Neste proceso condenaron a cadea perpetua a Vicente Pérez Pardo. Pena de 20 anos de cadea para os labregos: Andrés Martínez Rodríguez, Antonio Riola Piñón e Ricardo Villar Piñón. Sufriron pena de 12 anos e un día: Andrés Pardo Villar, labrego; Vicente Ramos Fernández e José Rodríguez Caneiro, labrego.

Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 20/11/1938.

Pena ordinaria conmutada en xaneiro de 1940 pola de seis anos de prisión menor.

Interno na Prisión Central de Pamplona, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 351 do día 16/12/1940. Deixárano libre o anterior día 13.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha