Nacemento:
Morte:
Tiña 31 anos. Veciño de San Román de Montoxo, Cedeira.
Encarcerado.
Tentou fuxir o día 12/08/1937 desde o porto de Cedeira, con outra ducia de persoas, na lancha motora Generosita.
Nesta fuga frustrada estaban implicados, entre outras persoas: Andrés Martínez Rodríguez, Andrés Pardo Villar, Vicente Pérez Pardo, Vicente Ramos Fernández, Antonio Riola Piñón, José Rodríguez Caneiro e Ricardo Villar Piñón.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar (desaparición da lancha a motor Generosita e suposta sublevación) co resultado de sentenza a 12 anos e un día de cadea. Todos os procesados eran de Santalla de Cervo, Cedeira.
Neste proceso condenaron a cadea perpetua a Vicente Pérez Pardo. Pena de 20 anos de cadea para os labregos: Andrés Martínez Rodríguez, Antonio Riola Piñón e Ricardo Villar Piñón. Sufriron pena de 12 anos e un día: Andrés Pardo Villar, labrego; Vicente Ramos Fernández e José Rodríguez Caneiro, labrego.
Pena ordinaria conmutada en xaneiro de 1940 pola de catro anos de prisión menor.
Puxérono en liberdade condicional en outubro de 1940.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.