Nacemento:
Morte:
Casada co xeneral de brigada Rogelio Caridad Pita. O seu home era un militar que se caracterizaba pola súa posición conciliadora.
Vítima colateral.
En xulio de 1936, cando era xeneral de brigada, Caridad Pita tiña o seu destino na Coruña como gobernador militar e xeneral xefe da 15ª Brigada de Infantería, ás ordes do xeneral Enrique Salcedo Molinuevo, xefe da VIII División Orgánica.
Caridad foi o xeneral que mantivo na lealdade á República a Salcedo Molinuevo, convencéndoo para que non se unira aos golpistas. Xunto con Salcedo e ao estar ao tanto dos movementos rebeldes nos cuarteis, decidiron que se fixeran vixilancias periódicas nas guarnicións militares, nas que el participaba de forma espontánea.
Os seus fillos Carlos Caridad Mateo, Francisco-Javier Caridad Mateo, José Caridad Mateo, Rogelio Caridad Mateo e Vicente Caridad Mateo, despois de combater no exército republicano marcharon para o exilio.
Ao seu home arrestárono con Salcedo os oficiais sublevados, que lles eran subordinados e que prepararan a sublevación ás súas costas. Conducidos presos ao barco Plus Ultra e despois ao Castelo de San Felipe, en Ferrol (A Coruña); xulgados en consello de guerra sumarísimo e fusilados no Castelo de San Felipe, en Ferrol, ás 08/00 h, previa degradación e por non secundar o golpe militar,.
Rosa Mateo falecería o día 03/12/1936, trastornada desde a detención do seu home.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.