← Volver atrás

Méndez Aspe, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

O Torrón, San Vicente de Pombeiro, Pantón
(Lugo)
- 01/01/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
(México)
- 01/01/1958 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, economista e político, 44 anos. Casado con Bernardina Domínguez Gómez (Madrid). Veciños de Madrid. Licenciado en Dereito. Desenvolveu durante a II República distintos altos cargos no Ministerio de Facenda; comezou como xefe do Negociado de Orzamentos da Intervención Xeral do Ministerio de Facenda e en maio de 1936 era subsecretario de Facenda.

Militante de Esquerda Republicana (ER) na capital do Estado.

Exiliado.

Durante a guerra civil acadaría cargos de responsabilidade no ministerio de Facenda republicano. Conselleiro da Compañía Arrendataria del Monopolio de Petróleos (CAMPSA) polo seu cargo de director xeral de Timbre, Cerillas y Explosivos. Como director xeral do Tesouro e Seguros dirixiu, por orde de Negrín, o traslado a Francia do Ouro de París e a Rusia do Ouro de Moscova, fondos que se destinaban á compra de armas para a defensa da República. O día 05/04/1938 Juan Negrín López, do que era o home de confianza, nomeouno ministro de Facenda e Economía no seu segundo executivo. Como ministro xestionou os bens públicos e privados depositados no Banco de España. Desenvolveu este ministerio ata o día 31/03/1939.

Exiliado en Francia, estivo a cargo e como o home forte do Servizo de Evacuación de Refuxiados Españois (SERE) por encargo de Juan Negrín.

Cando os nazis conseguen o armisticio de Francia, marcha con Negrín e Santiago Casares Quiroga, entre outras persoas, cara Inglaterra.

Como ministro de Facenda no exilio e diante da invasión alemá, requiriu a Enrique Puente Abuín para que se fixera cargo do iate Vita, no que se evacuaron importantes bens do tesouro público cara México, onde chegou o día 23/03/1939. Estes bens serviron de base para a constitución da Xunta de Auxilio aos Refuxiados Españois (XARE).

Con posterioridade exiliouse en América e reuniuse coa súa familia en México. Mantivo o cargo de Ministro de Facenda e Economía no exilio ata o ano 1945, cando o substitúe Augusto Barcia Trelles.

Procesárono en Madrid por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1944.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.