← Volver atrás

Moreda Vázquez, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1888 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
- 10/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Contratista de obras, 48 anos. Casado. Veciño de Riomao, Santa Cristina de Lavadores, en Vigo. O seu pai, Manuel Moreda Outeiral, os seus irmáns Alfonso Moreda Vázquez e Constante Moreda Vázquez, e o seu fillo Lenin Moreda Vázquez, morreron durante a represión fascista.

Militante do PCE.

Executado.

Participou na resistencia fronte aos golpistas nas barricadas de Lavadores, onde se rexistra a morte do seu fillo Lenin. Prendérono precisamente no enterro do seu fillo Lenin.

Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar (acusado do asalto á casa de Estanislao Núñez Barrios, ao que matan no enfrontamento), na causa 539/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Manuel Moreda Outeiral, Constante Moreda Vázquez, José Moreda Vázquez, Urbano Rodríguez Moledo e Antonio Sayar Carrera.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Morte rexistrada en Vigo por mor dunha hemorraxia interna.

Fusilárono os golpistas ás 08:00 h no Monte do Castro, en Vigo.

Nesta data e lugar asasinaron a: Manuel Moreda Outeiral, xornaleiro, e os seus fillos Constante Moreda Vázquez, contratista de obras, e José Moreda Vázquez, contratista de obras. Tamén morreron Manuel Acuña Gómez, pintor; Fernando Costas Méndez, carpinteiro; Luis Ferreira Viéitez; José González Andreu, zapateiro; Luis Martínez Román, albanel; Manuel Núñez Álvarez, panadeiro; Urbano Rodríguez Moledo, empregado e xornalista, e Antonio Sayar Carrera, labrego.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha