Nacemento:
Morte:
Casou co militar e guerrilleiro Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; tiveron un fillo. O seu home fora mariño da Armada, cabo de mariñeiría no acoirazado España e militante da CNT.
Vítima colateral.
Despois do alzamento militar Amador estivo na cadea e sabendo que ía ser desterrado a Lugo ao saír da prisión, agochouse en Bergondo (A Coruña) na casa da súa entón moza Angelina Nogueira Calviño, coa acabaría por casar.
Anos despois Amador Domínguez adicouse a organizar os grupos que operaban nos Castros e San Pedro de Nós, en 1945 era o responsable do Destacamento Arturo Cortizas, que realizaba as súas accións na zona de Ortigueira e Ferrol. Con posterioridade, tamén no ano 1945, Jaime Pimentel integrouse no novo Destacamento Enrique Líster, do que foi o primeiro xefe militar, mando que compartía con Francisco Rey Balbís, Moncho. Ocupaban as zonas de Betanzos, As Mariñas e A Coruña; na primavera de 1946 formou parte do Grupo Volante A Mariña, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que comandaba Francisco Rey Balbís, Moncho; despois desenvolveuse como adxunto de Marrofer.
Amador Domínguez abandonou o destacamento o día 21/07/1947 sen avisar aos compañeiros para tentar marchar de España cara América, converténdose así en proscrito dos represores e dos guerrilleiros; apresárono na casa do enlace Jesús Pena Bolón, en Calvelo, San Salvador de Sofán, Carballo (A Coruña) o día 18/08/1948, xulgárono, condenárono á pena de morte e agarrotárono na Coruña o día 25/01/1949.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.