← Volver atrás

Olmos Mesa, Elena

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 01/01/1983 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Debuxante e pintora, 37 anos. Casada político Leandro Pita Romero; tiveron un fillo: Leandro. Estudou Debuxo e Pintura. Filla do cónsul da República Arxentina na Coruña Manuel Olmos de Aguilera.

O seu home foi membro das Irmandades da Fala da Coruña; colaborou con Nuevo Heraldo, El Liberal, El Norte de Castilla, El Sol e El Noticiero Sevillano.

Leandro sería secretario político de Manuel Portela Valladares e no ano 1931 era o xefe do Partido Agrario (PA). Era amigo persoal do presidente da República Niceto Alcalá-Zamora Torres; deputado en 1931 pola FRG e en 1933 polo PRG; despois sumouse ao PRR. Pita Romero desenvolveríase como ministro da Mariña, de Estado e sen carteira entre 1933 e 1935; despois exerceu de embaixador no Vaticano.

Exiliada.

Despois do alzamento Leandro sofre varias tentativas de rapto no seu domicilio na Coruña e sucesivas ameazas, acusado incluso de masón; foxen a Portugal e exílianse en Bos Aires, onde se reúne toda a familia. Xa non volveron a España agás de xeito provisorio.

Elena finou en Bos Aires.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha