Nacemento:
Morte:
Avogado e escritor, 29 anos. Compañeiro de Carmen Millán; tiñan unha filla. Veciños de Madrid. Emigrado en Cuba, coa súa nai, cando quedara orfo de pai; alí estudou Dereito e depórtano no ano 1931. Vive en Vigo (Pontevedra), na Coruña e no ano 1934 instálase en Madrid.
Presidente de Prensa Hispana Unida e director de Suplemento.
No ano 1935 afíliase ao Partido Galeguista (PG) en Madrid, desde onde colabora na propaganda a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).
Executado.
Cando comeza a guerra civil, Ramón Suárez Picallo, entre outras persoas, chamouno para que confeccionase o regulamento das Milicias Populares Galegas, das que foi un dos seus xefes. En agosto de 1936 era axente de vixilancia na Brigada de Investigación Criminal e principal colaborador de Agapito García Atadell.
No desenvolvemento da guerra civil a García Atadell nomeárono xefe das Milicias Populares de Investigación.
Segundo a prensa franquista posterior instalaron unha checa de 48 axentes no Pazo dos Condes de Rincón, en Madrid; practicáronse numerosas detencións e rexistros domiciliarios; estas milicias practicaron unhas 800 detencións, recadando grandes sumas en cartos, xoias e obras de arte. Os fascistas tamén acusaron a García Atadell de participar en xuízos falsos que, as veces, remataron en penas de morte. A súa unidade tamén actuou contra quintacolumnistas, sabotadores, francotiradores e espías. A prensa dos rebeldes creou no seu entorno a imaxe da gran transcendencia da súa capacidade represiva, que está lonxe da realidade.
No mes de outubro de 1936, por mor da mala imaxe que se estaba a crear del, García Atadell foxe cara Francia coa súa dona, algúns colaboradores, entre eles Pedro Penabad Rodríguez e a súa parella, e un botín que se estimou nuns 25 millóns de pesetas, segundo os represores.
O réxime franquista rematou por convertelos en “símbolos do terror vermello”.
Cando viaxaban en barco desde Francia cara América, detivéronos o día 24/11/1936 en Santa Cruz de La Palma, La Palma (Santa Cruz de Tenerife).
Xulgado en consello de guerra en Sevilla co resultado de sentenza á pena de morte e asasinado no garrote no patio do cárcere de Sevilla.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.