← Volver atrás

García Atadell, Agapito

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Viveiro
(Lugo)
- 28/05/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Sevilla
- 15/07/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tipógrafo e político, 34 anos. No ano 1934 casou con Piedad Domínguez Díaz, exiliada. Veciños da rúa Bravo Murillo, 25, en Madrid.

Traballou como tipógrafo nos xornais La Voz e El Sol.

Membro da UXT e da Agrupación Socialista (AS) de Madrid; pasouse ao PCE e, no ano 1928 volveu á AS. Tamén pertenceu ao Sindicato de Oficios Varios da UXT madrileña e, en 1931, chegou a formar parte da executiva federal da UXT.

Nos sucesos revolucionarios de outubro de 1934 prendérono e pasou pola cadea.

Formou parte da escolta armada de Indalecio Prieto Tuero na campaña electoral de 1936.

Executado.

No desenvolvemento da guerra civil nomeárono xefe das Milicias Populares de Investigación por proposición dos socialistas.

Segundo a prensa franquista posterior: Instalaron unha checa de 48 axentes no Pazo dos Condes de Rincón, en Madrid; practicáronse numerosas detencións e rexistros domiciliarios; estas milicias practicaron unhas 800 detencións, recadando grandes sumas en cartos, xoias e obras de arte. Tamén acusaron a García Atadell de participar en xuízos falsos que, as veces, remataron en penas de morte. A súa unidade tamén actuou contra quintacolumnistas, sabotadores, francotiradores e espías. A prensa golpista creou no seu entorno a imaxe da gran importancia da súa capacidade represiva, que está lonxe da realidade.

No mes de outubro de 1936, por mor da mala imaxe que se estaba a crear del, escapa dos republicanos e foxe cara Francia coa súa dona e algúns colaboradores, entre eles Pedro Penabad Rodríguez e a súa parella, así coma un botín que se estimou nuns 25 millóns de pesetas, segundo os represores.

O réxime franquista rematou por convertelos en “símbolos do terror vermello”.

Segundo o historiador Julius Ruiz exaxerouse o papel e a importancia da Brigada de García Atadell na represión que ocorreu en Madrid nas primeiras semanas da contenda.

Cando viaxaban no barco Mexique desde Marsella (Francia) cara América, detivéronos o día 24/11/1936 en Santa Cruz de La Palma, La Palma (Santa Cruz de Tenerife). Os republicanos avisaran ás propias autoridades franquistas de que o fugado ía nun barco que faría escala en Vigo (Pontevedra) e en Santa Cruz de la Palma. Despois trasladáronos á Prisión Provincial de Sevilla.

Xulgado consello de guerra sumarísimo en Sevilla, o día 30/06/1937, co resultado de sentenza á pena de morte.

Executado no garrote vil en Sevilla.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.