Nacemento:
Morte:
Político. Veciño de Cedeira.
Concelleiro no ano 1936 pola Fronte Popular (FP) en Cedeira. Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros da Corporación de Cedeira de 1936, entre outras persoas, a: José-Cipriano Durán Fraguela, executado; Jesús Lourido Arriví, asasinado; José Vergara López, asasinado; Nicasio Pérez Senra, asasinado; José Lago Beceiro, executado; José López Teijeiro, asasinado; Manuel Fernández Freijeiro, executado; Andrés Arriví Caneiro, encarcerado.
Fuxido. Encarcerado.
Ocultouse no monte desde 1936 ata 1941 cos irmáns Andrés Arriví Caneiro e Francisco Arriví Caneiro, e José Pardo Villar.
Apresado polos sediciosos no ano 1941.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de auxilio á rebelión, na causa 547/41, co resultado de sentenza a prisión.
Condenaron a prisión neste caso a Antonio Pérez Muíño e ditaron sentenza de sobresemento para Francisco Arriví Caneiro.
Interno na Prisión Central de Santa Isabel, Santiago de Compostela (A Coruña), puxérono en liberdade condicional provisoria o día 22/05/1943, que se publicou no BOE nº 155 do día 04/06/1943.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.