← Volver atrás

Durán Fraguela, José-Cipriano

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Cedeira
(A Coruña)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 18/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e político, 29 anos. Casado; tiñan un fillo. Veciños de Santalla de Cervo, Cedeira.

Era 2º tenente de alcalde de Cedeira por Esquerda Republicana (ER) cando se produce o golpe de Estado de xullo de 1936.

Tiña como compañeiros da Corporación de Cedeira en 1936, entre outras persoas, a: Manuel Fernández Freijeiro (alcalde), executado; Jesús Lourido Arriví, asasinado; José Vergara López, asasinado; Nicasio Pérez Senra, asasinado; José Lago Beceiro, executado; José López Teijeiro, asasinado; Andrés Arriví Caneiro, encarcerado; Antonio Pérez Muíño, encarcerado.

Executado.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar, na causa 296/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

O día 18 de decembro executaron no Castelo de San Felipe, en Ferrol, a: Enrique Alonso Teijeiro, mestre; Antonio Ameneiro Brage, labrego; Adolfo Bouzón Teijeiro, mariñeiro; Antonio Castillo Domínguez, veterinario; José-Cipriano Durán Fraguela, labrego; Manuel Fernández Freijeiro, militar; Ginés Fernández Rodríguez, estudante (fillo de Manuel Fernández Freijeiro); Miguel Fernández Santos, funcionario; Isaac Forneiro Barandela, mestre; Antonio Iglesias Freire, mariñeiro; José Lago Beceiro, labrego; Enrique Martínez Teijeiro, chofer; Rufino Redondo Senra, mestre, e Francisco Rodríguez N., barbeiro e músico.

Todos eran veciños de Cedeira, agás Antonio Ameneiro, que era de Cabanas (A Coruña).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha