← Volver atrás

Redondo Senra, Rufino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Executado

Nacemento:

Mera, San Cosme de Maianca, Oleiros
(A Coruña)
- 01/06/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 18/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 24 anos. Casado con María-Angélica Aneiros Menéndez, Ñata, quen fuxiu á República Arxentina, co seu fillo Fernando, seguindo as recomendacións de Rufino nunha carta da véspera da súa execución. Veciños de San Sebastián de Devesos, Ortigueira (A Coruña). Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña). En 1933 era mestre interino en Santa María de Mera de Arriba e, co tempo, mestre nacional de Devesos.

Secretario de Esquerda Republicana (ER) en Cerdido (A Coruña) e concelleiro de Cedeira en 1936.

Depurado. Executado.

Detido polos fascistas, na súa escola, ao mesmo tempo que outros políticos de Cedeira.

Depurárono de xeito definitivo como mestre no mes de novembro de 1936.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Ferrol polo delito de rebelión militar, na causa 296/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

O día 18 de decembro os franquistas fusilaron no Castelo de San Felipe, en Ferrol, a: Enrique Alonso Teijeiro, mestre; Antonio Ameneiro Brage, labrego; Adolfo Bouzón Teijeiro, mariñeiro; Antonio Castillo Domínguez, veterinario; José-Cipriano Durán Fraguela, labrego; Manuel Fernández Freijeiro, militar; Ginés Fernández Rodríguez, estudante (fillo de Manuel Fernández Freijeiro), Miguel Fernández Santos, funcionario; Isaac Forneiro Barandela, mestre; Antonio Iglesias Freire, mariñeiro; José Lago Beceiro, labrego; Enrique Martínez Teijeiro, chofer; Rufino Redondo Senra, mestre, e Francisco Rodríguez N., barbeiro e músico.

Todos eran veciños de Cedeira, agás Antonio Ameneiro, que era de Cabanas (A Coruña).

Soterrárono no cemiterio de San Salvador de Serantes, Ferrol.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha