Nacemento:
Morte:
Mestre, empregado e político, 39 anos. Casado; a dona fora moza dun dos que o paseou e co que logo casaría. Veciños de Cedeira. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense. Empregado no Banco Pastor en Cedeira desde 1930. Compilador das Cantigas Populares de Cedeira, que publicou na revista Nós no ano 1932. Apoderado do banco no que traballaba.
Militante do Partido Galeguista (PG) desde a súa fundación, foi un dos impulsores do PG de Cedeira no ano 1935.
Membro das Irmandades da Fala de Cedeira. Colaborou do Seminario de Estudos Galegos (SEG).
Executado.
Participou na reunión da Fronte Popular (FP) da súa localidade, onde se ordena a requisa de armas, a detención de persoas reaccionarias, a vixilancia de varios puntos e o cese de determinados funcionarios.
O día 26 de xullo forzas da Garda Civil de Ferrol e falanxistas toman a vila. A Isaac detivérono o día 02/08/1936.
Xulgado consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar, na causa 296/36, co resultado de sentenza á pena de morte; acusárono de ter organizado a resistencia armada.
O día 18 de decembro fusilaron no Castelo de San Felipe, en Ferrol, a: Enrique Alonso Teijeiro, mestre; Antonio Ameneiro Brage, labrego; Adolfo Bouzón Teijeiro, mariñeiro; Antonio Castillo Domínguez, veterinario; José-Cipriano Durán Fraguela, labrego; Manuel Fernández Freijeiro, militar; Ginés Fernández Rodríguez, estudante (fillo de Manuel Fernández Freijeiro), Miguel Fernández Santos, funcionario; Isaac Forneiro Barandela, mestre; Antonio Iglesias Freire, mariñeiro; José Lago Beceiro, labrego; Enrique Martínez Teijeiro, chofer; Rufino Redondo Senra, mestre, e Francisco Rodríguez N., barbeiro e músico.
Todos eran veciños de Cedeira, agás Antonio Ameneiro, que era de Cabanas (A Coruña).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.