Nacemento:
Morte:
Político e labrego, 27 anos. Solteiro. Veciño de San Fiz de Esteiro, Cedeira.
Concelleiro de Cedeira pola Fronte Popular (FP) cando se produce o golpe de Estado de xullo de 1936.
Tiña como compañeiros da Corporación de Cedeira de 1936, entre outras persoas, a: Manuel Fernández Freijeiro (alcalde), executado; José-Cipriano Durán Fraguela, executado; José Vergara López, asasinado; Jesús Lourido Arriví, asasinado; Nicasio Pérez Senra, asasinado; José López Teijeiro, asasinado; Andrés Arriví Caneiro, encarcerado; Antonio Pérez Muíño, encarcerado.
Executado.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol o día 04/12/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 296/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
O día 18 de decembro fusilaron ás 16:30h no Castelo de San Felipe, en Ferrol, a: Enrique Alonso Teijeiro, mestre; Antonio Ameneiro Brage, labrego; Adolfo Bouzón Teijeiro, mariñeiro; Antonio Castillo Domínguez, veterinario; José-Cipriano Durán Fraguela, labrego; Manuel Fernández Freijeiro, militar; Ginés Fernández Rodríguez, estudante (fillo de Manuel Fernández Freijeiro), Miguel Fernández Santos, funcionario; Isaac Forneiro Barandela, mestre; Antonio Iglesias Freire, mariñeiro; José Lago Beceiro, labrego; Enrique Martínez Teijeiro, chofer; Rufino Redondo Senra, mestre, e Francisco Rodríguez N., barbeiro e músico.
Soterráronos no cemiterio de Serantes, Ferrol.
Todos eran veciños de Cedeira, agás Antonio Ameneiro, que era de Cabanas (A Coruña).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.