← Volver atrás

Alonso Teijeiro, Enrique

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado. Depurado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 13/05/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
- 18/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 23 anos. Solteiro. Mestre nacional da Escola Graduada de Cedeira no ano 1936.

Militante do PSOE e da UXT.

Executado. Depurado.

Cando se produce o golpe de Estado detivérono con outros dirixentes políticos e sindicais de Cedeira.

Xulgado o día 18/12/1936 en consello de guerra sumarísimo en Ferrol polo delito de rebelión militar, na causa 296/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

O día 18 de decembro executaron no Castelo de San Felipe, en Ferrol, a: Enrique Alonso Teijeiro, mestre; Antonio Ameneiro Brage, labrego; Adolfo Bouzón Teijeiro, mariñeiro; Antonio Castillo Domínguez, veterinario; José-Cipriano Durán Fraguela, labrego; Manuel Fernández Freijeiro, militar; Ginés Fernández Rodríguez, estudante (fillo de Manuel Fernández Freijeiro), Miguel Fernández Santos, funcionario; Isaac Forneiro Barandela, mestre; Antonio Iglesias Freire, mariñeiro; José Lago Beceiro, labrego; Enrique Martínez Teijeiro, chofer; Rufino Redondo Senra, mestre, e Francisco Rodríguez N., barbeiro e músico.

Todos eran veciños de Cedeira, agás Antonio Ameneiro, que era de Cabanas.

Soterráronos no cemiterio de San Salvador de Serantes, Ferrol.

Os golpistas destituírono como mestre en agosto de 1936.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha