← Volver atrás

Platas Reinoso, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Sancionado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 03/08/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María de Baio, Zas
(A Coruña)
- 09/04/1971 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 28 anos. Casou en agosto de 1938 coa practicante Consuelo Tasende Fachal; tiveron un fillo e unha filla: Antonio e Ana-María. Veciños de Arteixo (A Coruña). Obtivo o título de mestre nacional no ano 1926 na Escola Normal de Santiago de Compostela e foi Premio Extraordinario.

Antonio exercía o Maxisterio en novembro de 1926 na Escravitude, Santa María de Cruces (Padrón), logo en San Tomé de Sorribas (Rois), San Xoán de Serres (Muros) e As Somozas, todas escolas da provincia da Coruña. Obtivo praza definitiva no ano 1930 en Santa Mariña de Lañas, Arteixo (A Coruña), onde tiña como inspectora de Ensino a María-Nicolasa-Paula Barbeito Cerviño, que o apreciaba moito.

Platas Reinoso defendía a escola laica, retirou o crucifixo da escola, deixou de impartir a ensinanza relixiosa e comezou a coquetear coa política. Foi presidente do Consello Local de Primeira Ensinanza de Arteixo, onde era secretaria María-Rosario Romero Abella, tamén depurada. Organizou as Misións Culturais de xuño de 1932.

Na política decantouse polo Partido Galeguista (PG) a favor do que fixo propaganda do seu ideario.

Depurado. Sancionado.

Despois do alzamento militar, por mor das súas ideas, o gobernador civil da Coruña cesouno como mestre o día 20/08/1936.

En Santiago de Compostela coñeceu á practicante e veciña de Baio, Consuelo Tasende Fachal, coa que casa no mes de agosto de 1938.

En xullo de 1940 resólvese o seu expediente de depuración co resultado de suspensión por dous anos de emprego e soldo, así como o traslado fóra da provincia por cinco anos.

Serían anos de moita fame e deixaron Santiago de Compostela para ir a vivir á casa dos seus sogros, que tiñan unha empresa pirotécnica en Baio.

Os franquistas revisaron o seu expediente e rehabilitárono a finais do ano 1942. Destinárono a Pedrafita do Cebreiro (Lugo) e San Cremenzo de Pazos (Zas). No ano 1944 exercía en Alfoz (Lugo) e no ano 1948 en Corme (A Coruña); esta última praza permutouna pola de Baio, onde exerceu de mestre de nenos durante 23 anos e onde atendía unha media de oitenta alumnos de distintas idades.

Dirixiu a construción das Escolas Agra Regueiro, que pagaron os veciños e que se inauguraron en 1954 e foi un dos fundadores e directivo do C.D. Baio.

Antonio esqueceu a política para sempre e adicou a súa vida aos seus veciños.

Foi o meu mestre e quen convenceu ao meu pai de que eu podería acadar as miñas metas como estudante.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.