← Volver atrás

Romero Abella, María del Rosario

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurada

Nacemento:

San Marcos de Corcubión, Corcubión
(A Coruña)
- 06/09/1891 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestra, 44 anos. Casou en Corcubión en agosto de 1926 co sarxento do Rexemento de Infantería Zamora nº 29, 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica Ciríaco Ortega González, co que tivo un fillo e dúas fillas: José-Luis, María del Socorro e María del Rosario. Veciña da Baiuca, Santiago de Arteixo, Arteixo (A Coruña). Obtivo o título de mestra en 1916 na Escola Normal de Pontevedra. Mestra da escola de nenas de Arteixo desde 1925. Ao seu pai, Manuel Romero Castro, que era fotógrafo e alcalde de Corcubión de 1931 a 1933, sancionárono cunha multa de 2500 pesetas. Irmá de Mercedes Romero Abella, paseada o día 19/11/1936.

Secretaria do Consello Local de Instrución Pública de Arteixo, onde era presidente Antonio Platas Reinoso, mestre de Lañas.

Depurada.

Sancionada coa separación definitiva do servizo como mestra. Salvouse da morte seguramente por ser a dona dun militar da causa rebelde.

Despois de once anos, no ano 1948, rehabilitárona pero debendo cumprir dous anos de traslado na mesma provincia e sen dereito a solicitar vacantes. Os fascistas inhabilitárona para cargos directivos e de confianza e enviárona a San Cristovo da Enfesta, Santiago de Compostela (A Coruña).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha