Nacemento:
Morte:
Mestra, 29 anos. Casada con Francisco Mazariegos Martínez, empregado do Banco Pastor e afiliado da UXT; casaron en 1931, tiñan unha filla e un fillo: María-Luisa (catro anos) e Enrique (tres anos). Veciños da Praza de Santo Domingo, na Coruña. Ao seu pai, Manuel Romero Castro, que era fotógrafo e alcalde de Corcubión de 1931 a 1933, sancionárono cunha multa de 2500 pesetas. Irmá de María del Rosario Romero Abella, mestra depurada. Trasladouse á cidade herculina no ano 1915 e estudou Maxisterio na Coruña entre 1922 e 1926. Mercedes foi mestra na Pastoriza (Lugo) en 1926 e en Santiago de Meangos, Abegondo (A Coruña) desde 1933; destinárona á escola de nenas do barrio de Monelos, na Coruña, no ano 1936.
Pertencía á Federación de Traballadores da Ensinanza, da UXT (FETE-UXT), da que sería presidenta na comarca da Coruña. Tamén militou no Sindicato Provincial de Mestres.
Apoderada da candidatura da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.
Paseada.
O seu home morreu asasinado polos fascistas na Punta Herminia, na Coruña o día 31/08/1936.
Despois do asasinato do seu home quixo emigrar á República Arxentina; estaba cos preparativos da viaxe cando a detiveron na cidade da Coruña os falanxistas coa desculpa de que tiña que acompañalos a declarar. Deixaba os dous fillos orfos de pai e nai.
Morte rexistrada por disparos de arma de fogo. Mutilada, violada por falanxistas de Cee, cos peitos cortados, torturada e cribada a balazos. Sofre bárbaras mutilacións dos deus órganos sexuais. Os fascistas remataron por asasinala e tirárona ao río Mandeo.
O seu cadáver apareceu no Pozo da Ponte.
Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de San Lourenzo de Vilarraso, Aranga.
Inscrita no Rexistro Civil de Aranga como descoñecida e identificada o día 12/02/1937.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.