Nacemento:
Morte:
Practicante e comadroa. Casou en agosto de 1938 co mestre e político Antonio Platas Reinoso, depurado; tiveron un fillo e unha filla: Antonio e Ana-María. Veciños de Arteixo (A Coruña).
Platas Reinoso defendía a escola laica, retirou o crucifixo da escola, deixou de impartir a ensinanza relixiosa e comezou a coquetear coa política; foi presidente do Consello Local de Primeira Ensinanza de Arteixo, onde era secretaria María-Rosario Romero Abella, tamén depurada; organizou as Misións Culturais de xuño de 1932 e na política decantouse polo Partido Galeguista (PG) a favor do que fixo propaganda.
Vítima colateral.
Despois do alzamento militar, por mor das súas ideas, ao seu home cesárono como mestre o día 20/08/1936.
En Santiago de Compostela coñeceu ao mestre Platas, co que casa no mes de agosto de 1938.
En xullo de 1940 resólvese o expediente do seu home co resultado de suspensión por dous anos de emprego e soldo, así como o traslado fóra da provincia por cinco anos.
Serían anos de moita fame e deixaron Santiago de Compostela para ir a vivir á casa dos seus pais, que tiñan unha empresa pirotécnica en Baio.
Os franquistas revisaron o expediente de Antonio e rehabilitárono a finais do ano 1942; destinárono a Pedrafita do Cebreiro (Lugo) e San Cremenzo de Pazos (Zas). No ano 1944 Platas exercía en Alfoz (Lugo) e no ano 1948 en Corme (A Coruña); esta última praza permutouna pola de Baio, onde exerceu de mestre de nenos durante 23 anos e onde atendía unha media de oitenta alumnos de distintas idades.
Antonio Platas esqueceu a política para sempre e adicou a súa vida aos seus veciños.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.