Nacemento:
Morte:
Militar, 43 anos. Casado con Carmen de Llanos Aldaeta. Veciños da Coruña. Ingresou na Academia Militar e obtivo o título de diplomado de Estado Maior. Comandante de Estado Maior da Garda de Seguridade e Asalto na Coruña, con destino como xefe na cidade herculina desde o día 16/04/1936, procedente de Bilbao (Biscaia).
Masón desde 1921, témese que o trasladaron á cidade herculina pola súa mala relación cos masóns de Bilbao, onde tiña o seu destino. Semella que era masón da loxa Hércules, da Coruña.
Executado.
Era o responsable da defensa do Goberno Civil o día 20 de xullo. Non se sumou aos rebeldes e mantívose ao lado do gobernador civil Francisco Pérez Carballo, tal vez pola influencia do seu subordinado, o capitán da Garda de Asalto, Gonzalo Tejero Langarita. Rendeuse no pazo do gobernador civil e arrestárono.
Xulgado na Coruña en consello de guerra sumarísimo o día 24/07/1936, co gobernador civil e outros, co resultado de sentenza á pena de morte.
Morte rexistrada na Coruña por fusilamento en aplicación dos bandos de guerra, previa degradación, na madrugada do día 25 de xullo.
Fusilárono os golpistas na Batería de Costa de Punta Herminia, A Coruña.
Pasado polas armas co seu subordinado Gonzalo Tejero Langarita e co gobernador civil da Coruña Francisco Pérez Carballo. O pelotón de fusilamento mandábao o tenente da Garda de Seguridade e Asalto Manuel Valcarce Vila, quen semella que se suicida ese mesmo día por ter que fusilar aos seus xefes.
Soterrárono o día 25 de xullo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Francisco Pérez Carballo e Gonzalo Tejero Langarita. Autorizaron o seu traslado a nicho en xullo de 1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.