Nacemento:
Morte:
Garda de asalto, 43 anos. Casado con Concepción-Isabel Martínez Rovira, de Jarafuel (Valencia); tiveron dous fillos. Veciños da Coruña desde abril de 1936; antes de Valencia. Capitán da Garda de Seguridade e Asalto.
Masón desde 1928, posiblemente afiliado á loxa coruñesa Hércules.
Claramente de ideas republicanas.
Nos cuarteis españois realizáranse unha serie de cuestionarios a certos militares, sen relacionalos nun primeiro momento con ningún tipo de golpe; nunha segunda convocatoria, en función das primeiras respostas, atraíanos cara a conxura, como dispoñibles para a sublevación. Estes datos obtivéronse da documentación que os rebeldes lle requisaron a este capitán. El tiña coñecemento destes datos e é de supoñer que as autoridades republicanas tamén.
Tejero Langarita era membro das organizacións clandestinas do Exército, que se opoñían aos militares reaccionarios.
Executado.
Defensor do Goberno Civil da Coruña diante da sublevación militar, no desenvolvemento do seu posto. Convenceu ao seu xefe da Garda de Seguridade e Asalto, Manuel Quesada del Pino, de que se mantivera ao lado das forzas leais. Estivo ao lado do gobernador civil Francisco Pérez Carballo ata que este se rendeu.
Condenado a morte en consello de guerra sumarísimo na Coruña, o día 24/07/1936, co resultado de sentenza á pena de morte.
Un dos primeiros executados na Coruña en aplicación dos bandos de guerra.
Fusilado na Batería de Costa de Punta Herminia, A Coruña.
Pasado polas armas co seu xefe inmediato Manuel Quesada del Pino e co gobernador civil Francisco Pérez Carballo. Os dous militares resultaran previamente degradados. O pelotón de fusilamento mandábao o tenente da Garda de Asalto Manuel Valcarce Vila, quen semella que se suicida ese día por ter que fusilar aos seus xefes.
Soterrárono o día 25 de xullo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Francisco Pérez Carballo e Manuel Quesada del Pino. Trasladárono a un cinceiro en xullo de 1941.
No seu testamento hológrafo declárase anticlerical e pide que sexa soterrado, sen clero, nun cemiterio civil.
No ano 1940 procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.